Desángrase o rural, morre un dos últimos habitantes da Fraga de Abaixo. Perante o cadaleito, o derradeiro vedoiro do país sentenza: -Volveremos atoparnos na mesma circunstancia, pero só tres dos cinco aquí presentes. Comeza así un percorrido pola cultura mitolóxica e esotérica da Galiza. Unha novela antropolóxica guiada a través de relatos reais recompilados fundamentalmente nas serras do Cando e do Candán, salvagarda da tradición oral, vencello común da nación. Ambientada no Monte Seixo, o lector cruzará o Portalén para falar cos mortos, escoitará ao carón da lareira contos nos que o sobrenatural se confunde co real, tremelicará coas aparicións da Procesión das Xás e descubrirá esta nosa historia, a máis grande xamais contada. Unha viaxe polo incalculábel patrimonio inmaterial da terra, reflexo da pegada que os devanceiros celtas, suevos, arrianos e priscilianistas deixaron na ialma de todos nós. Do fungar das carballeiras até o bater do Atlántico contra os cons. Vai ao alén e descubre o espírito deste incoercíbel chan ao que chamamos fogar.
Alén
ISBN: 8409256339
ISBN 13: 9788409256334
Publication Date: December 22, 2020
Publisher: Deputación Pontevedra
Pages: 242
Format: Paperback
Author: Pablo Diego Dios